Desde a iniciativa Conecta Ourense Rural, impulsada pola Confederación Empresarial de Ourense (CEO) co apoio da Xunta de Galicia a través do IGAPE, e en colaboración con Prolimia, organizase o encontro sobre dixitalización empresarial e as novidades do Regulamento Verifactu.
📍 Salón de Plenos do Concello de Xinzo de Limia
📅 Luns, 17 de novembro de 2025
🕐 Hora: 13:30 h
👉 Inscripcións: https://forms.gle/ojtW3on2m95Uao9b6
Por que asistir?
✔ Asesoramento técnico e individualizado co equipo de Conecta Ourense.
✔ Información directa das liñas de axuda dispoñibles.
✔ Acompañamento na tramitación de subvencións: presentación, execución e xustificación.
✔ Claves prácticas sobre o novo Regulamento Verifactu, que modificará as obrigas de facturación a partir de 2026.
✔ Espazo de aprendizaxe e networking con empresas da comarca.
Programa
13:30 h | Benvida – Presentación e obxectivos de Conecta Ourense Rural.
13:40 h | Como aproveitar as axudas do IGAPE e os recursos da Oficina Económica de Galicia.
Presentación da Oficina Económica de Galicia e os servizos e axudas da Xunta de Galicia
Carla Garcia Valcarce. Técnica Responsable Oficinas Sur – Oficina Económica de Galicia.
Mónica Pena Hevia. Técnica de Proxectos – Oficina Económica de Galicia.
14:00 h | Obradoiro: “Novo Regulamento Verifactu: como adaptarse ás novas obrigas de facturación”
Imparte: Xesta Formacións – asesoría e entidade formadora especializada en autónomos e pemes.
15:30 h | Asesoramento e viño-networking
Espazo de conversa con empresas, técnicos e asesores, para compartir experiencias e crear novas conexións.
📲 Confirma a túa asistencia aquí:
👉 Inscripcións: https://forms.gle/ojtW3on2m95Uao9b6
📧 [email protected] | [email protected]
📞 988 391 110
