Obradoiro de presentación e resolución de dúbidas da convocatoria Nexos 2025

A Axencia Galega de Innovación celebra na sede da Confederación Empresarial de Ourense unha sesión informativa sobre a nova convocatoria Nexos 2025, destinada a fomentar proxectos de I+D+i en colaboración entre empresas, centros de coñecemento e outros axentes do sistema galego de innovación.

Durante o encontro abordarase como estruturar unha candidatura competitiva, analizaranse os requisitos e criterios da convocatoria e habilitarase un espazo para a resolución de dúbidas técnicas.

  • Detalles do obradoiro:

Lugar: Confederación Empresarial de Ourense (Praza das Damas, 1, Ourense)

Data: Xoves, 4 de setembro de 2025

Horario: De 11:00 a 12:15 h

<< INSCRÍBETE >>

<< ACCEDE AL PROGRAMA DEL EVENTO >>

<< MÁIS INFORMACIÓN SOBRE A CONVOCATORIA NEXOS 2025 >>