Axudas ASG 2025: nova convocatoria aberta e xornada técnica informativa
Desde Conecta Ourense informámosche da publicación hoxe, 28 de xullo de 2025, no DOG Nº 142, da convocatoria de axudas ASG 2025, xestionadas polo Igape, destinadas a apoiar a implantación de medidas que favorezan o avance no cumprimento dos criterios ambientais, sociais e de gobernanza (ASG) nas empresas galegas. Esta liña tramítase en réxime de concorrencia non competitiva (código de procedemento IG300F).
Beneficiarios
Empresas e autónomos con centro de traballo en Galicia.
Proxectos subvencionables
– Servizos de consultoría e certificación en materia ambiental ou social.
– Investimentos en melloras ambientais (ex. maquinaria, sensores, software).
– Accións de gobernanza (memorias de sostibilidade, xestión ética, auditorías ASG).
– Medidas para a conciliación, diversidade e igualdade.
Contía da axuda
– Ata o 80 % dos custos subvencionables.
– Subvención mínima: 3.000 €.
– Subvención máxima segundo o tipo de proxecto:
- Proxecto xeral: ata 60.000 €
- Só consultoría: ata 30.000 €
- Consultoría específica (1 obxectivo ASG): ata 15.000 €
(Os custos de certificación non computan para estes límites)
Prazo de presentación de solicitudes
Inicio: 5 de agosto de 2025 ás 9.00 horas.
Fin: 30 de setembro de 2025 ás 14.00 horas ou ata esgotamento de crédito.
Participa nesta xornada técnica
Convidámosche a participar na xornada técnica sobre axudas ASG organizada por Conecta Ourense, coa colaboración do IGAPE.
Será unha sesión práctica dirixida a explicar os requisitos clave da convocatoria, guiar ás empresas no proceso de solicitude e resolver dúbidas en directo.
Data: Luns 4 de agosto de 2025
Hora: 12:00 h
Formato: En liña
Se estás interesado/a en coñecer en detalle estas axudas e como presentar a túa solicitude, inscríbete xa na xornada técnica a través do seguinte formulario:
>> Formulario de inscrición <<
>> Máis información <<
Para máis información ou asistencia na preparación de solicitudes e na tramitación:
- Teléfono: 988 391 110
- Correo electrónico: [email protected]
