Desde Conecta Ourense, informámoslle sobre o Webinario Antena Igape «Oportunidades en China 2025«, que se celebrará o próximo martes 25 de marzo de 2025, de 09:30 a 11:15 (hora España). Este evento proporcionará información actualizada sobre a situación do mercado chinés, identificando novas oportunidades de negocio en sectores clave, así como as principais feiras e eventos de interese.
Co obxectivo de ofrecer información relevante para as empresas galegas interesadas en exportar os seus produtos e servizos a China, a Xunta de Galicia, a través da Antena Empresarial do Igape en China, organiza este Webinario País.
Ademais, os participantes no webinario poderán solicitar unha reunión individual co responsable da Antena Empresarial do Igape en China durante os días 26 e 27 de marzo, para recibir asesoramento personalizado. A solicitude da reunión poderá realizarse no momento da inscrición.
Para máis información e inscrición, pode consultar esta ligazón.
Para máis información ou asistencia, contacte connosco:
Teléfono: 988 391 110
Correo electrónico: conectaourense@ceo.es