O próximo xoves 7 de novembro ás 13:00 horas terá lugar unha sesión informativa na Casa Grande de Viloira (Praza Ramón Otero Pedraio, 11, 32315 Viloira, O Barco de Valdeorras).
Nesta sesión, organizada no marco da iniciativa Conecta Ourense, achegaranse recursos, asesoramento e apoios necesarios para promover o crecemento e a competitividade das empresas do rural. A Oficina Conecta Ourense, impulsada pola Confederación Empresarial de Ourense co apoio da Xunta de Galicia a través de IGAPE e GAIN, conta cunha sede física en colaboración coa Asociación Empresarial de Valdeorras (AEVA), facilitando así un contacto próximo coas empresas da comarca.
A sesión está deseñada para ofrecer servizos de asesoramento e apoio en áreas clave como a innovación, dixitalización, internacionalización e sustentabilidade, co obxectivo de facilitar o acceso a convocatorias públicas de interese para empresas e persoas emprendedoras mediante os servizos de CONECTA OURENSE Rural e a Oficina Económica de Galicia de Igape.
🎯 Programa do evento:
📍 O Barco de Valdeorras 📅 7 de novembro 🕐 13:00 h. – Casa Grande de Viloira, Praza Ramón Otero Pedraio, 11, 32315 Viloira
🔹 Benvida
- María del Carmen González, delegada da Deputación de Ourense en Valdeorras.
- Araceli Fernández del Palacio, presidenta da Asociación Empresarial de Valdeorras – AEVA.
🔹 Presentación de servizos CONECTA OURENSE Rural e da Oficina Económica de Galicia. Información sobre axudas e futuras convocatorias para apoiar ás empresas na preparación dos seus proxectos.
- José Manuel Fernández, subdirector de Asesoramento Empresarial e Apoio da Oficina Económica de Galicia do Igape (conexión en liña).
- María Fernández, responsable de CONECTA OURENSE Rural.
- Amparo Rodríguez, técnica de CONECTA OURENSE Valdeorras.
🔹 Taller de asesoramento para a identificación de retos e exploración de solucións innovadoras que poidan optar a axudas públicas.
🔹 Asesoramento Individual para as empresas interesadas que o soliciten.
🔹 Viño-networking.
Que ofrece CONECTA OURENSE Rural?
🔹 Impulsar o crecemento das PEMES do rural.
🔹 Facilitar o acceso a convocatorias públicas.
🔹 Espazos de colaboración e asesoramento.
Podes confirmar a túa participación na seguinte ligazón: https://forms.gle/UPbA1U5i2LuP632r8
👉 Para máis información ou solicitar unha visita, contacta connosco no 988 391 110 ou escribe a [email protected]