Conecta Ourense Rural na I Feira da Economía Social en San Xoán de Río

O pasado domingo, 20 de outubro, Conecta Ourense Rural, a iniciativa promovida pola Confederación Empresarial de Ourense, co apoio da Xunta de Galicia de Galicia a través do Igape – Instituto Galego de Promoción Económica e Gain, estivo presente na I Feira da Economía Social en San Xoán de Río.

O stand do proxecto recibiu a visita institucional do alcalde da localidade, José Miguel Pérez Blecua; o Delegado da Xunta en Ourense, Manuel Pardo; a Delegada Territorial da Consellería de Emprego, Marta Vázquez; e a alcaldesa de Larouco, Patricia Lamela.

Durante a xornada, realizouse asesoramento en vivo a iniciativas emprendedoras e persoas autónomas da zona, relacionadas con sectores como o vitivinícola, agroalimentario, servizos de lavandería, servizos sociais, benestar e saúde, entre outros.

Conecta Ourense Rural ten como misión achegar ás empresas do rural os recursos e apoio necesarios para impulsar o seu crecemento e competitividade. A través do programa, ofrécese acompañamento en áreas clave e facilítase o acceso a convocatorias públicas de axudas, contribuíndo a fortalecer a economía local.