EMPRESAS DO RURAL ANTE OS NOVOS DESAFÍOS: INNOVACIÓN, DIXITALIZACIÓN E SOSTIBILIDADE PARA UN FUTURO COMPETITIVO
Presentamos Conecta Itinerante Rural, unha iniciativa da Oficina Conecta Ourense da Confederación Empresarial de Ourense, grazas ao apoio da Xunta de Galicia a través do Instituto Galego de Promoción Económica e a Axencia Galega de Innovación.
Que é CONECTA Rural Itinerante?
Esta iniciativa está deseñada para ofrecer ás empresas da contorna rural a oportunidade de acceder a servizos de asesoramento e apoio en áreas crave como a innovación, a dixitalización, a internacionalización e a sustentabilidade. Durante a xornada, presentaremos os servizos dispoñibles e ofreceranse ferramentas para facilitar o acceso a convocatorias públicas que poidan resultar de axuda ás empresas.
Os obxectivos da mesma son:
- Impulsar o crecemento empresarial e a innovación das pemes do rural.
- Fomentar o acceso a información, espazos de colaboración e asesoramento.
- Facilitar o acceso e aproveitamento de convocatorias públicas.
Despois de identificar as áreas rurais estratéxicas, comezamos unha serie de visitas para poñer en marcha este proxecto, que tamén está aberto á solicitude por parte de axentes públicos e de calquera outra índole.
As primeiras visitas, están programadas para as seguintes datas:📍
📍 Verín – Asociación de Empresarios de Verín (AEVER) 🗓 8 de outubro ⏰ 20:30h. – 22:30h. – Rúa Doutor Pedro González, 5 baixo, 32600 Verín
📍 San Cibrao das Viñas – Asociación de Empresarios do Polígono de San Cibrao / O Pereiro de Aguiar 🗓 10 de outubro ⏰ 12:00h. – 14:00h. – Edificio Multiusos, Calle 1, Nº 6, 32901 Polígono San Cibrao
Cal é a axenda de cada presentación?
- Descrición dos Servizos: Exposición sobre como se ofrecerán servizos de asesoramento e apoio ás empresas do rural para facilitar o acceso ás convocatorias públicas.
- Próximas convocatorias de axudas: Información sobre as futuras convocatorias para apoiar ás empresas na preparación dos seus proxectos.
- Taller de asesoramento conxunto: Identificación de retos e exploración de solucións innovadoras adaptadas a cada empresa que poidan optar a axudas públicas.
- Asesoramento Individual: Oportunidade para as empresas interesadas de recibir asesoramento personalizado.
- Viño-networking: Espazo para intercambiar experiencias e establecer contactos.
Aproveitamos para informar que tamén están en proceso de programación as sesións informativas no Barco de Valdeorras, Xinzo de Limia, Celanova, Allariz, Carballiño e Ribadavia.
Para resolver calquera dúbida, ou solicitar a programación dunha visita, contacte co equipo de Conecta Ourense da CEO:
📲 Chamando ao 988 391 110
📩 Escribe un email a [email protected]