A CEO organiza o xoves 22 de febreiro de 2024 a Xornada de PRL: Saúde e Benestar Hixiene do soño
Unha xornada teórico-práctica en modalidade presencial que ten como obxectivo proporcionar ás persoas participantes coñecementos e ferramentas de relaxación para favorecer un soño reparador.
Ricardo Pereira Vara, fisioterapeuta, osteópata e técnico superior en prevención de riscos laborais, dirixirá a sesión que finalizará con exercicios prácticos de relaxación.
Programa:
- O ciclo do soño.
- Trastornos do soño.
- Consellos para o descanso.
- Exercicios de relaxación.
Se te animas a inscribirche trae roupa cómoda, nós poñemos o ambiente e as esterillas.
Data: 22/02/2024
Hora: 16:30 a 19:30 horas
Lugar: Praza das Damas, 1, 32005 Ourense
Inscricións en: [email protected] e 988 391 110