A CEO organiza o martes 30 de xaneiro de 2024 a Xornada de PRL: Saúde e Benestar Open Your MINDfulness
Unha xornada teórico-práctica en modalidade presencial que ten como obxectivo proporcionar ás persoas participantes ferramentas para mellorar o seu benestar a través do mindfulness e a meditación.
A experta en benestar e saúde Sara Costa Lago dirixirá a sesión que finalizará con exercicios prácticos de relaxación e meditación.
Se te animas a inscribirche trae roupa cómoda, nós poñemos o ambiente e as esterillas.
Data: 30/01/2024
Hora: 16:30 a 19:30 horas
Lugar: Praza das Damas, 1, 32005 Ourense
Inscricións en: [email protected] e 988 391 110