Presentamos o “Plan ReActiva Ourense Menores de 45 anos”, trátase dun programa de acompañamento activo para a incorporación ao mercado laboral de persoas menores de 45 anos da provincia de Ourense en situación de desemprego, que conta coa financiación da Deputación Provincial de Ourense.
Levaranse a cabo un total de tres programas, o primeiro tivo lugar en xuño, o segundo deles, do 25 ao 29 de setembro, e o terceiro e último deste ano, do 20 ao 24 de novembro. A duración total é de 15 horas de formación coxunta en competencias e habilidades útiles para a procura de emprego, e 1 hora de seguimento individualizado por participante, de xeito 100% Online a través da plataforma Zoom. Para o desenvolvemento das sesións accederase dende un ordenador ou tablet que dispoña de cámara e audio ou móbil con conexión a internet.
O obxectivo fundamental é apoiar a persoas desempregadas menores de 45 anos da provincia de Ourense. Para elo deseñarase un itinerario formativo dotando aos/ás participantes das habilidades, coñecementos e ferramentas, tanto a nivel laboral como persoal e social que lle permitan acercarse ás empresas con confianza, tranquilidade, autonomía e independencia na busca activa de emprego co obxectivo de favorecer as posibilidades de inserción laboral e desenvolverse mellor nun entorno competitivo.
A participación é totalmente gratuíta, con prazas limitadas que se reservarán por rigorosa orden de solicitude.
Programa_ReActiva Ourense_Menores 45 anos