O retorno obtido polas entidades galegas en Horizonte Europa, o programa de financiamento da I+D+i europea, segue medrando respecto dos programas anteriores. A Axencia Galega de Innovación fixouse como reto para o periodo 2021-27 incrementar a participación das empresas, especialmente das pemes, neste programa e noutros instrumentos de financiamento. Neste contexto, para axudar ao tecido produtivo a posicionarse mellor nestes programas, vai pór en marcha unha serie de servizos que presentaremos o vindeiro 10 de novembro. Apúntate! |