Talleres de Xestión da innovación nas PEMES – Conecta Ourense

As empresas necesitan apostar pola innovación, non só para diferenciarse no mercado, senón para sobrevivir. Esta necesidade é aínda maior para as pemes, que sofren todos os días a incerteza do mercado, sobre o que case nunca poden influír.

A boa noticia é que a innovación non é unha cuestión de tamaño senón de actitude. De querer explorar oportunidades, atreverse a probar, sabendo que a innovación é risco. Así que calquera empresa, especialmente as pemes poden innovar.

A innovación é cuestión de actitude e metodoloxía.

A Confederación Empresarial de Ourense e a Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega de Innovación (GAIN), ofrecen un ciclo de dous talleres de Xestión da innovación nas PEMES, no marco da iniciativa Conecta Ourense e en colaboración co GDR 10 Limia-Arnoia, onde os directivos das empresas poderán aprender como facer o seu primeiro plan para empezar a innovar e identificar as capacidades e recursos necesarios para montar un departamento de innovación.

Relator

Angel Alba Pérez – Fundador e CEO de Innolandia.es | Experto en xestión da innovación

 

 

Plan de Innovación nunha semana

Co obxectivo de deseñar un plan de innovación seguindo unha metodoloxía que permita aliñar a innovación cos obxectivos do negocio e podan empezar a traballar en proxectos de impacto. Os asistentes recibirán un manual que completarán durante o propio taller cos elementos básicos do plan e os recursos necesarios para poñelo en práctica.

Salón de plenos do Concello de Allariz

Praza Maior, 1 Allariz

Martes 7 de novembro  

16:30 horas

Inscricións:

 

Construíndo o ADN Innovador

Co obxectivo de identificar as capacidades e procesos necesarias para innovar por unha persoa, un equipo e un departamento de innovación. Os participantes realizarán diferentes diagnósticos sobre o seu ADN innovador, as capacidades de innovar dos seus equipos e as actividades dun departamento, para identificar os roles e persoas necesarias.

Confederación Empresarial de Ourense

Praza das Damas, 1 Ourense

Mércores 8 de novembro  

 9:30 horas

 Inscricións:

Os talleres están abertos ás empresas ourensáns cunha limitación de 20 prazas por taller. Para asistir aos talleres é necesario cubrir o formulario de inscrición na seguinte ligazón  

A innovación está ao teu alcance.

Visita a web de GAIN e consulta a colección de Cadernos de Innovación coas ferramentas e técnicas de innovación.