No marco das axudas para o fomento da prevención de riscos laborais que financia a Xunta de Galicia, organizamos desde a Confederación Empresarial de Ourense o Curso Risco Psicosocial e o Coidado das Emocións, coincidindo coa Semana Europea para a Seguridade e Saúde no Traballo.
Datas: 23/10/2023 a 25/10/2023
Horario: de 16:00 a 21:00 horas
Lugar: Confederación Empresarial de Ourense. Praza das Damas, 1, 32005 Ourense
As inscricións poden realizarse no correo electrónico [email protected] e no teléfono 988 391 110
PROGRAMA
- Factores e evaluación dos riscos psicosociais: o meu micro o meu macroentorno psicosocial.
- Burnout: concepto, características, consecuencias, avaliación e intervención.
- Estrés laboral e tecnoestrés: concepto, características, consecuencias, avaliación e intervención.
- Violencia e acoso no traballo.
- A comunicación na intervención psicosocial: intervención psicosocial, protocolos de actuación.