Plan ReActiva Ourense EMPRENDEMENTO

Presentamos o “Plan ReActiva Ourense EMPRENDEMENTO”, trátase dun programa de formación e sensibilización dirixido a persoas emprendedoras que teñen un proxecto de creación de empresa e/ou persoas xa empresarias da provincia de Ourense, conta coa financiación da Deputación Provincial de Ourense.

O obxectivo fundamental do programa, é proporcionar unha visión global das distintas áreas funcionais da empresa para poder determinar oportunidades de mercado e desenvolver o Plan de Negocio/Mellora.

Con este obxectivo, se desenvolve un programa de asesoramento práctico e individualizado dirixido ao colectivo de persoas emprendedoras e empresarias, que posibilite coñecer a súa verdadeira situación e poder actuar en consecuencia sobre a base dos elementos obxectivos do Plan Estratéxico que dispondrá cada participante á finalización do mesmo.

Levaranse a cabo dende o 2 ao 27 de outubro, suma un total de 30 horas de formación coxunta, distribuidas en oito sesións, en horario de 16:00 a 20:00 horas (salvo o 25 de outubro que finaliza ás 18:00 horas) e 1 hora de seguimento individualizado por participante, de xeito 100% Online a través da plataforma Zoom. Para o desenvolvemento das sesións accederase dende un ordenador ou tablet que dispoña de cámara e audio ou móbil con conexión a internet.

Programa_ReActiva Ourense_Emprendimiento

A participación é totalmente gratuíta, con prazas limitadas que se reservarán por rigorosa orden de solicitude. Pode realizar a súa inscrición abrindo o seguinte enlace: https://forms.gle/s4W6dua1ZTrSRYP7A

Para calquera dúbida, tamén pode chamar ao teléfono 988 391 110 ou enviar un correo electrónico cos seus datos a [email protected]