A Confederación Empresarial de Ourense lanza 15 únicas prazas para a formación “Mellora como falar en público”.
Comeza o curso e cumpre afinar as ferramentas fundamentais. Por iso, nesta formación descubriranse algunhas das chaves para gañar seguridade á hora de falar diante doutras persoas.
O curso intenso e totalmente práctico forma parte do proxecto “Laboratorio de iniciativas sostibles” que organiza a CEO financiado pola Rede Eusumo de Economía Social da Xunta de Galicia.
As sesións presenciais terán lugar o 26 e 27 de setembro de 16:00 a 19:00h (6 horas) na sede da Confederación Empresarial de Ourense, en praza das damas, 1, 32003, Ourense.
Programa das formacións:
- Define o teu proxecto e marca
- Comunica de forma eficaz
Inscríbete a través do seguinte formulario