A Confederación Empresarial de Ourense (CEO) ofréceche a posibilidade de aproveitar unha das únicas 15 prazas dispoñibles da formación “Mellora como falar en público”: onde descubrirás algunhas das chaves para sentirte máis cómodo falando diante doutras persoas.
Esta formación gratuíta e totalmente práctica está composta por 2 sesións presenciais en grupo máis 1 titoría online individual -ao rematar- para que podas resolver dúbidas que teñas no teu caso particular.
As sesións presenciais terán lugar o martes 26 e mércores 27 de setembro, en horario de 16h a 19h na sede da CEO ( Praza das Damas 1, 32005 de Ourense- 988 39 11 10).
Inscríbete a través do seguinte formulario
Esta actividade forma parte do programa “Laboratorio de iniciativas sostibles”, unha iniciativa coa que dende o ano 2022 a CEO aposta por fomentar a competitividade do tecido socio-económico da provincia de Ourense, así como a promoción do emprendemento, o cooperativismo e a economía social nos vindeiros anos. Para acadar este obxectivo, a CEO conta coa colaboración da Rede Eusumo, dende onde a Xunta de Galicia promove a Economía Social e o Cooperativismo.