Queres innovar e precisas apoio económico?. Es unha empresa innovadora e queres informarte sobre as liñas de apoio estatais e autonómicas á I+D e á innovación?. Convidámoste a asistir á xornada que se celebrará o vindeiro 8 de xuño de 11:30 a 13:30 na sede da Axencia Galega de Innovación.
Nesta xornada, que inaugurarán Patricia Argerey, en representación da Xunta, e Juan Antonio Tébar, en representación do CDTI, presentaranse os programas de apoio á I+D e á innovación empresarial tanto de CDTI como da Axencia Galega de Innovación para este ano 2023. Ademais exporanse as oportunidades do Programa Horizonte Europa para 2023-2024. Clausurará a xornada o vicepresidente primeiro e Conselleiro de Economía, Industria e Innovación da Xunta de Galicia, Francisco Conde.
Como novidade, este ano contaremos coa charla inspiradora de Alfons Cornella, Fundador de Infonomia.com e un dos maiores expertos en innovación do país. É autor, entre outros, do best-seller Como innovar sen ser Google.
A xornada, que se realizará únicamente de xeito presencial, está dirixida a todos os axentes do sistema galego de innovación.
Xoves, 8 de xuño do 2023 de 11:30 a 13:30 horas
Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela