A Xunta de Galicia en colaboración coa Confederación Empresarial de Ourense (CEO), celebrará o vindeiro 8 de febreiro ás 10:00 horas no salón de actos da CEO unha xornada informativa para dar a coñecer os instrumentos dispoñibles para apoiar a innovación dende as distintas Consellerías da Xunta de Galicia a través do primeiro Mapa conxunto de apoio á innovación I+D+i 2023 en Galicia.
Título: Presentación do mapa conxunto de apoios á I+D+i 2023 na CEO
Data: 8 de febreiro de 2023
Lugar: Salón de actos da CEO
Hora: 10:00h
📝 Descarga o programa do Networking Galicia Empresa 2023
A xornada está aberta a tódolos axentes do ecosistema innovador, pero é de especial interese para pemes con centro de traballo en Galicia, que realicen actividades de innovación ou queiran innovar, xa que detallaremos as axudas para autónomos, pequenas e medianas empresas, e teremos casos de éxito de empresas que foron capaces de mellorar a súa competitividade a través destes incentivos públicos.
PRESENTACIÓN DO MAPA CONXUNTO DE APOIOS Á I+D+I 2023. XUNTA DE GALICIA
Mércores, 8 de febreiro de 2023 – Sede da Confederación Empresarial de Ourense
10:00h – 10:05h: Inauguración do evento. María Sol Nóvoa Rodríguez, presidenta da Confederación Empresarial de Ourense
10:05h – 10:20h: Mapa de axudas á I+D+i 2023. Patricia Argerey, directora da Axencia Galega de Innovación
10:15h – 11:15h: Axudas á innovación nas pemes. Representantes de GAIN, IGAPE, Xera, e outras Consellerías
11:15h- 11:45h: Experiencias de innovación na práctica. Empresas innovadoras beneficiarias de apoios da Xunta de Galicia en 2022
11:45h-12:00h: Peche do encontro
12:00h: Café networking