- O director xeral do organismo, Fernando Guldrís, acude á CEO para intervir nunha xornada sobre este tema
- A experiencia práctica correrá a cargo do conselleiro delegado de Unvi, Eloy Pérez
Unha cita presencial para explicar mañá, venres 6 de maio, as ‘Oportunidades para as empresas nos fondos Next Generation’ congregará na Confederación Empresarial de Ourense ao director xeral do Igape, Fernando Guldrís, acompañado polo subdirector de Proxectos Tractores do Igape, Santiago Álvarez. Abrirá a xornada a presidenta da CEO, Marisol Novoa e ao final da mesma contaremos coa experiencia práctica do conselleiro delegado de Unvi, Eloy Pérez, que narrará o proxecto empresarial acollido a estes fondos europeos na súa empresa de fabricación de autobuses Unidad de Vehículos Industriales, emprazada no Polígono Industrial de San Cibrao das Viñas.
Neste momento clave no que nos atopamos, a obtención de fondos europeos destinados a axudar ás empresas cos seus proxectos de desenvolvemento constitúe un tema importante para coñecer de primeira man a situación e dispoñibilidade desta inxección de recursos e a maneira de acceder a eles.
Acto -> Xornada presencial Oportunidades para as empresas nos fondos Next Generation
Lugar -> Salón de actos da CEO
Data e hora -> venres, 6 de maio – 11:00 horas
Interveñen:
- Marisol Novoa, presidenta Confederación Empresarial de Ourense
- Fernando Guldrís, director xeral do Igape
- Santiago Álvarez, subdirector de proxectos tractores do Igape
- Eloy Pérez, conselleiro delegado de Unvi