O encontro iniciarase coa presentación do IGAPE sobre as axudas de mellora da competitividade para o sector vitivinícola. Nesta primeira sesión a temática que se abordará son as experiencias enoturísticas on-line para captar ou fidelizar clientes e impulsar a venda en liña, que consisten nunha visita virtual á adega e unha nova solución que se presentará durante a sesión e ven a complementar e mellorar esta experiencia, coa posibilidade de que sexa en directo ou ben en diferido. Ademais, conta cun amplo abano de funcionalidades, dende catas virtuais ata enquisas de produto e satisfacción que se porán en práctica durante a sesión.
Co obxectivo de achegar o produto ao consumidor a través de solucións de baixo custe ou sen custe como a visita virtual á adega, iniciativa promovida pola Confederación Empresarial de Ourense.
Para facilitar a participación das adegas no obradoiro o formato é mixto, coa posibilidade de conectarse de forma online en remoto, a través da plataforma de videoconferencia Zoom ou presencial na sala de reunións da Confederación Empresarial de Ourense.