A Oficina Económica de Galicia celebra o seu primeiro aniversario cun acto de balance no Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) en Santiago o próximo
26 de marzo de 2025.
O evento, que comezará ás 10:15 horas coa recepción dos asistentes, contará cun programa variado:
10:30 | Benvida a cargo de Covadonga Toca, directora xeral do Igape
10:40 | Mesa redonda sobre coordinación e simplificación para a promoción económica, moderada por Natalia Barros, directora da Oficina Económica de Galicia, e Alberto Vivero, director da Área de Financiamento do Igape
11:10 | Proxección dun vídeo con testemuños de usuarios dos servizos da OEG
11:15 | Conversas coas empresas usuarias dos servizos da OEG, moderadas por José Manuel Fernández, subdirector da Oficina Económica de Galicia, e Raquel Rodríguez, directora de Xesgalicia
11:45 | Charla sobre a colaboración público-privada coa conselleira de Economía e Industria, Mª Jesús Lorenzana, e o director xeral do Banco Sabadell, Pablo Junceda
12:20 | Clausura o acto Alfonso Rueda, presidente da Xunta de Galicia
Ao rematar, haberá un espazo para networking acompañado dun viño galego.
ACOMPAÑAMOS ÁS EMPRESAS
Envía a túa solicitude e unha persoa experta contactará contigo de forma gratuíta
Consulta a programación de eventos en liña e presenciais e inscríbete!