Xornada Técnica sobre Bonos de Innovación [CEO; Luns 13 de Marzo ás 9:30 horas]

O vindeiro luns día 13 de marzo ás 9:30 horas a Confederación Empresarial de Ourense acolle a XORNADA TÉCNICA SOBRE BONOS DE INNOVACIÓN coa colaboración da Axencia Galega de Innovación da Xunta de Galicia e a iniciativa CONECTA OURENSE.

Durante a xornada detallaremos aspectos técnicos e cuestións fundamentais para a tramitación dos Bonos de Innovación, e daremos a coñecer experiencias prácticas de empresas beneficiarias da convocatoria anterior para as liñas 1;  2b e 2a, nesta última falaremos das deducións fiscais e as principais novidades.

Esta xornada tamén ten como finalidade resolver dúbidas e dar forma a propostas para a súa tramitación, podendo solicitar no formulario de inscrición a entrevista presencial e individual cos profesionais de GAIN e CONECTA OURENSE.

No caso de que non poidas asistir de forma presencial, facilitaremos enlace para que poidas seguirnos online, é preciso que o indiques no formulario de inscrición.

Título: XORNADA TÉCNICA SOBRE BONOS DE INNOVACIÓN
Data: 13 de marzo de 2023
Lugar: Salón de actos da CEO
Hora: 9:30 horas

Formulario de inscrición: https://forms.gle/AgR28aUjsekitGaAA

Descarga o programa completo da xornada AQUÍ