🚀 Presentación do Programa Re-acciona en Ourense

A Xunta de Galicia, a través do Instituto Galego de Promoción Económica e a Axencia Galega de Innovación, presenta o Programa Re-acciona o próximo 4 de abril ás 10:30 horas na Confederación Empresarial de Ourense.

  

PRESENTACIÓN PROGRAMA RE-ACCIONA

🗓️ Data: Xoves 4 de abril de 2024  

Hora: 10:30

📍  Lugar: Confederación Empresarial de Ourense

🚀  A iniciativa Conecta Ourense ten o pracer de organizar este evento e convidar as empresas e as entidades colaboradoras a participar neste taller.

O noso obxectivo principal é proporcionar información detallada sobre os Servizos de profesionalización e desenvolvemento estratéxico e os Servizos de innovación ofrecidos polo Programa Re-acciona. Estes servizos abranguen un amplo espectro de áreas, desde análise competitiva ata asesoramento financeiro e innovación en produtos e servizos.

Ademais de presentar as últimas novidades, coñeceremos os testemuños de pemes beneficiarias en convocatorias anteriores, que compartirán as súas experiencias coa aplicación dos Servizos de Re-acciona nas súas empresas.

E, por suposto, estaremos dispoñibles para resolver calquera dúbida que poidades ter e propiciar un espazo de networking para facilitar o contacto entre as empresas interesadas e as entidades colaboradoras do Programa Re-acciona.

Esta é unha oportunidade única para conectar, aprender e colaborar nun ambiente propicio para o crecemento e a innovación empresarial.

Máis información chamando ao 988 391 110 ou a través do email [email protected]