📢Subvencións: Deseñapeme IN848E e Innovapeme IN848D

A Axencia Galega de Innovación publicou hoxe no DOGA as axudas para a mellora da capacidade de innovación das empresas en Galicia.

  • Liña 1 – Deseñapeme IN848E: inclúe actividades integradas en plans de deseño para a innovación e a sustentabilidade. Deseño de produtos, servizos, experiencias, marcas novas ou significativamente mellorados respecto do existente.
  • Liña 2 – Innovapeme IN848D: comprende plans de innovación en procesos e organización. Procesos ou sistemas de organización, modelos de negocios novas ou significativamente mellorados respecto do existente.

Resumo                   Presentación das axudas

Resolución do 29 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a mellora da capacidade de innovación das empresas en Galicia, a través do financiamento das actividades integradas en plans de deseño para a innovación e a sustentabilidade e en plans de innovación en procesos e organización (Deseñapeme e Innovapeme), cuxa actividade se enmarca nas prioridades estratéxicas da RIS3, e se convoca para o ano 2024 (códigos de procedemento IN848E e IN848D)

O prazo de presentación de solicitudes remata o 13 de marzo de 2024.

Para máis información, pode consultar o seguinte enlace

A Confederación Empresarial de Ourense, a través das Oficinas Conecta Ourense, está a súa disposición para asesorar e acompañar na tramitación destas axudas.

Contacte connosco en:

📧 [email protected]         

☎ 988 391 110

A innovación está ao seu alcance!