A Axencia Galega de Innovación publicou hoxe no DOGA as axudas para a mellora da capacidade de innovación das empresas en Galicia.
- Liña 1 – Deseñapeme IN848E: inclúe actividades integradas en plans de deseño para a innovación e a sustentabilidade. Deseño de produtos, servizos, experiencias, marcas novas ou significativamente mellorados respecto do existente.
- Liña 2 – Innovapeme IN848D: comprende plans de innovación en procesos e organización. Procesos ou sistemas de organización, modelos de negocios novas ou significativamente mellorados respecto do existente.
Resumo
Presentación das axudas![]()
Resolución do 29 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a mellora da capacidade de innovación das empresas en Galicia, a través do financiamento das actividades integradas en plans de deseño para a innovación e a sustentabilidade e en plans de innovación en procesos e organización (Deseñapeme e Innovapeme), cuxa actividade se enmarca nas prioridades estratéxicas da RIS3, e se convoca para o ano 2024 (códigos de procedemento IN848E e IN848D) ![]()
O prazo de presentación de solicitudes remata o 13 de marzo de 2024.
Para máis información, pode consultar o seguinte enlace ![]()
A Confederación Empresarial de Ourense, a través das Oficinas Conecta Ourense, está a súa disposición para asesorar e acompañar na tramitación destas axudas.
Contacte connosco en:
☎ 988 391 110
A innovación está ao seu alcance!
