👉 A túa empresa está obrigada a calcular a súa Pegada de Carbono? Descúbreo o 30 de abril!

En Conecta Ourense, queremos acompañarte cara a un modelo empresarial máis sostible, co impulso da Confederación Empresarial de Ourense e o apoio da Xunta de Galicia a través do IGAPE.

 

Sesión informativa gratuíta – PEGADA DE CARBONO. Alcances 1 e 2

📅 Data: 30 de abril
🕥 Hora: 10:30 h
💻 Formato: Sesión en liña

 

❗ NOVO MARCO NORMATIVO

Queres saber se o novo Real Decreto 214/2025 aplícase á túa empresa?
Publicado o pasado sábado 12 de abril, este Real Decreto crea o rexistro de pegada de carbono, compensación e proxectos de absorción de CO, e establece a obrigatoriedade de calcular a pegada de carbono e elaborar plans de redución das emisións de GEI para determinadas empresas.

Na sesión do día 30 abordaremos tamén como esta nova norma pode afectar ao teu negocio.

🔗 Ligazón ao novo Real Decreto 214/2025

 

🔍 Por que deberías conectarte?

  • Aprende a medir e reducir as emisións de gases de efecto invernadoiro (GEI).
  • Descobre como mellorar a competitividade da túa empresa.
  • Coñece as axudas públicas dispoñibles e accede a un plan de acción adaptado.

 

📘 Contidos da sesión

  • Contexto actual das emisións GEI
  • Que é a Pegada de Carbono? Tipos e Alcances 1 e 2
  • Riscos e oportunidades para a túa empresa
  • Presentación do Programa Pegada de Carbono – Alcances 1 e 2
  • Como inscribir a túa pegada no Rexistro do MITERD

 

🔗 Inscrición aberta
Participa na sesión informativa cubrindo o seguinte formulario: https://forms.gle/95KtywYXFCVAroZC6

 

🚀 Queres ir un paso máis alá?

O programa completo gratuíto Pegada de Carbono – Alcances 1 e 2, inclúe:

✅ O cálculo da túa pegada de carbono para o ano base
✅ Un informe técnico personalizado co teu plan de mitigación
✅ A inscrición oficial no Rexistro do MITERD (selo CALCULO)
✅ Acompañamento individual e asesoramento técnico continuado
✅ Información actualizada sobre axudas e financiamento público

📍 3 sesións en liña grupais + seguimento individual coa túa empresa
🧩 Prazas limitadas: só 6 empresas participantes

 

 

 

👉 Para máis información, chama ao 988 391 110 ou escribe un e-mail a conectaourense@ceo.es

Non deixes pasar esta oportunidade para facer a túa empresa máis sostible. A túa participación é clave para avanzar cara a un futuro máis responsable e sostible!

 

DESCARGAR PROGRAMA