En Conecta Ourense, queremos acompañarte cara a un modelo empresarial máis sostible, co impulso da Confederación Empresarial de Ourense e o apoio da Xunta de Galicia a través do IGAPE.
Sesión informativa gratuíta – PEGADA DE CARBONO. Alcances 1 e 2
📅 Data: 30 de abril
🕥 Hora: 10:30 h
💻 Formato: Sesión en liña
❗ NOVO MARCO NORMATIVO
Queres saber se o novo Real Decreto 214/2025 aplícase á túa empresa?
Publicado o pasado sábado 12 de abril, este Real Decreto crea o rexistro de pegada de carbono, compensación e proxectos de absorción de CO₂, e establece a obrigatoriedade de calcular a pegada de carbono e elaborar plans de redución das emisións de GEI para determinadas empresas.
Na sesión do día 30 abordaremos tamén como esta nova norma pode afectar ao teu negocio.
🔗 Ligazón ao novo Real Decreto 214/2025
🔍 Por que deberías conectarte?
- Aprende a medir e reducir as emisións de gases de efecto invernadoiro (GEI).
- Descobre como mellorar a competitividade da túa empresa.
- Coñece as axudas públicas dispoñibles e accede a un plan de acción adaptado.
📘 Contidos da sesión
- Contexto actual das emisións GEI
- Que é a Pegada de Carbono? Tipos e Alcances 1 e 2
- Riscos e oportunidades para a túa empresa
- Presentación do Programa Pegada de Carbono – Alcances 1 e 2
- Como inscribir a túa pegada no Rexistro do MITERD
🔗 Inscrición aberta
Participa na sesión informativa cubrindo o seguinte formulario: https://forms.gle/95KtywYXFCVAroZC6
🚀 Queres ir un paso máis alá?
O programa completo gratuíto Pegada de Carbono – Alcances 1 e 2, inclúe:
✅ O cálculo da túa pegada de carbono para o ano base
✅ Un informe técnico personalizado co teu plan de mitigación
✅ A inscrición oficial no Rexistro do MITERD (selo CALCULO)
✅ Acompañamento individual e asesoramento técnico continuado
✅ Información actualizada sobre axudas e financiamento público
📍 3 sesións en liña grupais + seguimento individual coa túa empresa
🧩 Prazas limitadas: só 6 empresas participantes
👉 Para máis información, chama ao 988 391 110 ou escribe un e-mail a [email protected]
Non deixes pasar esta oportunidade para facer a túa empresa máis sostible. A túa participación é clave para avanzar cara a un futuro máis responsable e sostible!